BENVIDOS a GALICIAS


http://rua.es: a nova web de frases bonitas

http://alvarodascasas.com/frasesbonitas.htm

Fondos de Pantalla

Visitade galicias.com. Aquí atoparedes fotos de moitos lugares de Galicia, proverbios, frases bonitas e pensamentos positivos, cousas dun grupo de camiñantes chamados rillamillas, ... etc.

   Esta web chámase galicias.com   ¿Por qué Galicias en plural?.

Porque Galicia é unha e son moitas ó mesmo tempo: a da costa, a do interior, a das praias, a dos montes, a urbana, a rural, a tecnolóxica, a tradicional, a de aquí, a espallada polo mundo enteiro,... E cada galego leva no seu corazón a súa propia Galicia; é o minifundio. En Galicia cada recanto é único, sorprendente, e irrepetible. Galicia é un mundo e mil mundos, unha historia e mil historias. Galicia é ..... Galicia, "e como ela non hai outra". Galicias en plural para que esta sexa unha casa para todos, na que todos teñan sitio, sin discriminación ningunha por razón de edade, relixión ou ideoloxía.

 

fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago

Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.

Nesta páxina hai seis grandes temas:

Hai tamén outras cousas varias: Historia e historias do Carballiño, crónicas do Carballiño, etc.

MAPA DA WEB

Pode ser que nesta páxina teñades a sensación de perdervos, de non saber por onde andades; parece que nunca acaba de ver todo o que hai nela .... ¿Eso é por un fallo no diseño?. Pode. Pero máis ben está feito adrede, para que esto se parezca á vida mesma, na que sempre nos agardan sorpresas, na que sempre nos quedan recantos por coñecer, na que moitas veces andamos un pouco perdidos. .... Esta web quere ser un pouco complexa, heteroxénea e anárquica, ... para parecerse á vida mesma, .... e para que aqueles ós ques lles guste sempre teñan algo novo que ver, .... Eu mesmo, que a fixen ... pérdome nela. E ás veces atopo cousas que me sorprenden e das que xa nin me lembraba. ¿Esto é bo? ¿Esto é malo?. Eu coido que é bo. A vida é así: complexa, rica, e sorprendente.

O 12-10-2004 galicias.com chegou ás 400.000 visitas.

 

LIGAZÓNS

Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Fotos de Galicia . Galego . español . English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. email Contador